Pelusium
Pelusium
Antiga cidade fortificada de Exipto, situada a uns 40 km ao SL de Port Saïd (actual el-Farama). Cambises II de Persia tomouna en 525 a C como paso previo para a conquista de Exipto. En 343 a C Artaxerxes III derrotou alí a Nectanebo II e así iniciou a invasión do Delta, que lle permitiu establecer a segunda dominación persa ou dinastía XXXI (343-332 a C). Na época romana (30 a C-395) foi un porto importante e en 639 o árabe ‘Amr ibn al-’As arrebatoullela aos bizantinos.