pelve
pelve
(< lat pelve ‘bacía,vasilla’)
-
s
f
[ANAT]
Cavidade ósea situada na parte inferior do tronco, formada polos dous ósos coxais e as dúas últimas pezas da columna vertebral, sacro e cóccix. Ten forma de cono truncado, cunha base superior e un vértice inferior. O estreito superior, que vai desde a base do sacro ata o bordo superior da sínfise da pube, divídea en dúas partes: a superior ou pelve maior, e a inferior, ou pelve menor. Contén algúns órganos do sistema xenitourinario e a porción terminal do tubo dixestivo. Os seus diámetros varían segundo o sexo.
-
pelve renal
[ANAT]
Cavidade do interior do ril en forma de funil, que constitúe o conduto de saída dos ouriños cara ao uréter.