Pena, casa da
Pena, casa da
Construción situada en San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Ten planta rectangular, dous patios interiores, e fachada e entrada principal ao N. A fachada leste construíuse sobre unha pena, de aí o seu nome. Realizada en cachotaría e perpiaños de granito na fachada principal, ten dous andares. Conserva a capela.