Pena Trapero, Jesús Bernardo
Pena Trapero, Jesús Bernardo
Economista. Catedrático de Econometría da Universidad de Alcalá de Henares, foi membro da International Statistical Institute e da Econometric Society, un dos participantes do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (1966-1971), consultante da ONU (1974-1975) e o representante español en TES (Training of European Statisticians) da UE desde 1996. Dirixiu a revista Estudios de economía aplicada (1993-2002) e publicou A planificación rexional e Galicia (1972), Galicia e os Plans de Desenvolvimento (1974) e Cien ejercicios de econometría (1999). Recibiu a insignia de ouro da Universidade de Santiago (2004).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo