Penagos, Isabel

Penagos, Isabel

Soprano. Estudou con Lola Rodríguez de Aragón e Federico Sopeña. Entre as características da súa voz destaca o seu fermoso timbre lírico e o seu gran sentido da acentuación dramática e da expresividade. Debutou en Madrid (1957) con La serva padrona de G. B. Pergolesi, e posteriormente actuou en París, Madrid, Barcelona, Sevilla, Lisboa, Nova York, Bos Aires e Milán. Destacan as súas actuacións en As vodas de Fígaro, no papel de Susana, no Teatro Real de Madrid, e no Requiem de Verdi, no Liceu de Barcelona. Foi nomeada catedrática da Escuela Superior de Canto de Madrid (1970) e en 1979 retirouse da escena.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santander