pene

pene

(< lat pene)

  1. s m [ZOOL]

    Órgano copulador masculino dalgúns animais. Nos mamíferos, é un órgano eréctil que serve para a cópula e a mición. O do home posúe unha gran cantidade de terminacións nerviosas. Está situado diante da sínfise da pube, á que está adherido por un ligamento e polas raíces dos corpos cavernosos que, xunto co corpo esponxoso (que envolve a uretra), forman o corpo do pene, que presenta no seu extremo o glande (onde se atopa o meato urinario da uretra), recuberto polo prepucio, que se adhire por unha tira chamada freo. A forma, a dirección, a consistencia, o volume e a talla do pene varían segundo estea fláccido ou en erección.

  2. s m [ZOOL]

    Parte final do aparato reprodutor masculino dos artrópodos, onde desemboca a canle exaculadora. Está constituído, basicamente, polo edeago.

Palabras veciñas

péndulo | pendulón | pendurar | pene | pene- | peneano -na | penechaira