penetración
penetración
(< latpenetratĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de penetrar.
-
s
f
Facultade de entender e comprender.
Ex: Ten unha gran penetración poética.
-
s
f
[XEN]
Porcentaxe de individuos nos que un xene, existente en todos eles, se manifesta fenotipicamente. A penetración complétase cando o carácter que corresponde ao xene se manifesta sempre, nos outros casos é incompleta.
-
ensaio de penetración
[IND]
Ensaio de dureza ao que se someten os produtos bituminosos. Efectúase medindo, en décimas de milímetro, a lonxitude que unha agulla de 1 mm de diámetro penetrou na mostra do material a 25°C, cargada cun peso de 100 kg nun tempo de 5 s.