penetrante

penetrante

(< penetrar)

  1. adx

    Que é apto para penetrar.

    Ex: Hai armas que son moi penetrantes.

  2. adx

    Que comprende facilmente as cousas.

    Ex: O seu avó era unha persoa penetrante.

    Sinónimos: perspicaz.
  3. adx

    Que se manifesta ou sente con intensidade.

    Ex: O recendo deste perfume é moi penetrante. Tiña unha mirada penetrante.

  4. adx

    Que se introduce moito nunha superficie.

    Ex: Fíxolle un corte penetrante.

  5. axente penetrante [QUÍM]

    Calquera composto que se emprega para aumentar a velocidade e a facilidade con que un baño ou un líquido mollan un material, mediante a redución da tensión intersticial entre o sólido e o líquido. Os axentes penetrantes son moi empregados na industria téxtil, do papel e do curtido. Os máis utilizados son os xabóns, os deterxentes e os axentes tensioactivos.