Penibética, cordilleira
Penibética, cordilleira
Cordilleira do S da Península Ibérica, que se estende paralela ao Mar Mediterráneo, desde Xibraltar ata o cabo de Gata. É a máis importante e máis meridional das cordilleiras Béticas, cunha altitude de case 2.000 m. O núcleo principal é Sierra Nevada, onde se atopa a súa máxima altitude, o Mulhacén (3.478 m alt). É unha cordilleira constituída por materiais cristalinos e xistos, e calcarios moi metamorfoseados, e na periferia, por sedimentos paleozoicos non metamórficos. As serras principais son, de O a L, a de Ronda, Tejeda, Almijara, Nevada, Baza, Gádor, Filabres e Estancias.