Penn, Irving
Penn, Irving
Fotógrafo estadounidense. Formouse con Alexis Brodovich en Philadelphia e instalouse en Nova York, onde traballou para Harper’s Bazaar e Vogue e onde publicou a súa primeira portada en 1943. Recoñecido retratista de estudio, nos seus traballos a figura humana ocupa un lugar central. Combinou os retratos de encarga (Picasso ou Truman Capote) con series fotográficas en África, Nova Guinea ou Cuzco (1948) e, en 1953, abriu o seu propio estudo e especializouse nas series de obreiros e artesáns. Publicou Preserved: 8 Essay in Photographs and Words (1960).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Plainfield, New Jersey