Penn, William
Penn, William
Almirante inglés. Participou na Primeira Guerra contra Holanda (1652-1653) e en 1655 foi enviado por Oliver Cromwell ás Antillas. Ocupou Xamaica, pero, vencido en Santo Domingo, foi apresado (1655) e retirouse a Irlanda. Máis tarde loitou ás ordes do duque de York, o futuro Xaime II, e na Segunda Guerra contra Holanda (1665-1667).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bristol -
Deceso
Lugar : Londres