pentastómido -da

pentastómido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos pentastómidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Metazoo do grupo dos pentastómidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Grupo taxonómico de posición filoxenética incerta formado por animais metazoos tripoblásticos, celomados e protóstomos, con características intermedias entre os artrópodos e os anélidos. Inclúe especies parasitas das vías respiratorias de vertebrados carnívoros. O corpo, de 2 a 13 cm, é aplanado e anelado exteriormente, e divídese en tres rexións: a cefálica, curta, con cinco protuberancias, catro delas semellan patas con pinzas e uñas, e a quinta, en forma de morro, onde ten a boca; unha rexión xenital anelada que ocupa case todo o corpo; e unha rexión anal moi curta. Todo o corpo está cuberto dunha cutícula que muda periodicamente.

Palabras veciñas

pentarquía | pentarreixa | pentasílabo -ba | pentastómido -da | Pentateuco | pentathleta | péntathlon