Peña de Toro, José de la

Peña de Toro, José de la

Arquitecto e mestre de obras. Dentro dunha corrente clasicista traballou no convento de San Esteban en Salamanca e despois evolucionou cara ao Barroco. En 1652 trasladouse a Santiago de Compostela, onde continuou as obras da igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario. En 1656 trazou e comezou as obras do colexio de San Xerome e desde 1658 traballou na catedral compostelá, baixo a dirección do cóengo José de Vega y Verdugo. En 1666 converteuse en mestre de obras da catedral. Realizou o Pórtico Real da praza da Quintana, continuou a Porta Santa e a transformación do peche e o coroamento das ábsidas e o ciborio, e entre 1665 e 1771 levantou o primeiro corpo da Torre das Campás da fachada da praza do Obradoiro. Fixo tamén a capela de Santa Tareixa na igrexa parroquial de Santa María Salomé, a capela de San Xosé na igrexa da Compañía de Xesús   e a capela de San Miguel na igrexa de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Salamanca

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela