Peña Rego, Jesús

Peña Rego, Jesús

Debuxante. Coñecido como Suso Peña, especializouse no mundo do cómic aínda que tamén se dedicou ao retrato e á paisaxe. No cómic foi seguidor do expresionismo e a súa obra destacou pola súa sólida base fotográfica e a documentación. Colaborador das revistas Starlet, Roman Roche e Star, da súa produción destacan as bandas deseñadas Drake&Drake, detectives (1966), Gringo (1968), Steve Wheeler (1975), Jeff Blake (1976) e A Cova do Rei Cintolo (1981), e as ilustracións da Declaración Universal de Derechos Humanos (1983), para Amnistía Internacional; El Senado de España (1985) e Celso Emilio Ferreiro para nenos (1988).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ribadeo

  • Deceso