Peña Santos, Antonio de la

Peña Santos, Antonio de la

Prehistoriador e arqueólogo. Colaborador do Museo Provincial de Pontevedra desde 1972, foi inspector provincial de arqueoloxía de Pontevedra (1982) e membro do International Council on Monuments and Sites da UNESCO. Dedicouse principalmente a investigar o mundo castrexo e a arte rupestre galaica e dirixiu numerosas escavacións arqueolóxicas. Das súas obras, moitas feitas en colaboración, destacan Historia de Pontevedra (1996), Os petroglifos galegos (1999), Historia de Vigo (1999), Petroglifos de Galicia (2001), Santa Tegra: un poblado “castrexo”-romano (2001) e Galicia: prehistoria, castrexo e primeira romanización (2003).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pajares de los Oteros, León