Peñafiel

Peñafiel

Municipio da provincia de Valladolid, Castela-León, situado no val do Duero (5.191 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e nas industrias alimentarias. En 1112 asinouse nel a Concordia de Peñafiel, un pacto matrimonial establecido entre Urraca I de Castela e León e Afonso I de Aragón o Batallador. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo (s XI), reconstruído nos ss XIV e XV (BIC, 1917), e a igrexa de San Pablo, que conserva unha ábsida de estilo mudéxar (BIC, 1931).