per-

per-

(

  1. pref
    1. Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘a través de’.

      Ex: percutáneo, perlingual.

    2. Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras como reforzamento ou intensificación.

      Ex: percorrer, perenne e perfección.

  2. pref [QUÍM]
    1. Forma prefixada que se emprega na nomenclatura química para indicar un estado de oxidación superior.

      Ex: peróxido.

    2. Forma reducida dos prefixos peroxi- e peroxo-.

      Ex: ácido peracético, ácido persulfúrico.

    3. Forma prefixada que se emprega na nomenclatura química para nomear os compostos ou radicais haloxenados en que todos os átomos de hidróxeno, agás os que a súa substitución afectaría á natureza dos grupos característicos presentes, aparecen substituídos por átomos idénticos de halóxenos.

      Ex: perfluorocarburo.