per-
(
-
pref
-
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘a través de’.
Ex: percutáneo, perlingual.
-
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras como reforzamento ou intensificación.
Ex: percorrer, perenne e perfección.
-
-
pref
[QUÍM]
-
Forma prefixada que se emprega na nomenclatura química para indicar un estado de oxidación superior.
Ex: peróxido.
-
Forma reducida dos prefixos peroxi- e peroxo-.
Ex: ácido peracético, ácido persulfúrico.
-
Forma prefixada que se emprega na nomenclatura química para nomear os compostos ou radicais haloxenados en que todos os átomos de hidróxeno, agás os que a súa substitución afectaría á natureza dos grupos característicos presentes, aparecen substituídos por átomos idénticos de halóxenos.
Ex: perfluorocarburo.
-