Peregrin Otero, Carlos

Peregrin Otero, Carlos

Lingüista. Foi profesor da UC Berkeley e, desde 1959, da University of California (UCLA). Seguidor da escola de N. Chomsky, traduciu ao castelán varias das súas obras, como Aspectos de la teoría de la sintaxis (1971) e Conocimiento y libertad (1972), e editou varios libros sobre este lingüista, como La revolución de Chomsky: ciencia y sociedad (1984), Radical Priorities (2003), Chomsky on Democracy and Education (2003) e Language and Politics (2004). Da súa produción destacan Introdución a la lingüística transformacional: retrospectiva de una confluencia (1973) e Evolución y revolución en romance: introdución a la diacronía (1976). Ademais preparou e prologou unha antoloxía de Luis Cernuda, Invitación a la poesía (1975).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lourenzá