Pérez Ballesteros, Xosé
Xurista e escritor. Doutor en Dereito e licenciado en Filosofía e Letras. Poeta do Rexurdimento, estivo vinculado ao labor cultural do segundo provincialismo e do rexionalismo, momento en que publicou a maioría dos seus textos. Membro da Asociación de Folklore Gallego creada por Emilia Pardo Bazán, foi un dos 40 numerarios fundadores (1905-1918) da Real Academia Galega, onde desempeñou o cargo de tesoureiro (1905-1914). Colaborou en Galicia, El Heraldo Gallego e Revista de Galicia, onde incluíu cantares populares e algunhas paráfrases de textos bíblicos. Na súa obra, caracterizada pola riqueza dos termos léxicos e o amor pola natureza, destacan Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces (1878), en que recolle poemas intimistas, sociais e de circunstancias; Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña (1885-1886), que o recoñeceu internacionalmente como folclorista; e Foguetes (1888), en que se incluíron epigramas e contos en verso. Recibiu a medalla de honra da sociedade Propaganda da Scienza Popolare.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso
Lugar : A Coruña