Pérez Barro, Xosé María
Pérez Barro, Xosé María
Deseñador. Coñecido como Pepe Barro, estudou na escola EINA de Barcelona e foi un dos primeiros deseñadores gráficos de Galicia. Realizou o proxecto e foi responsable do deseño de A Nosa Terra (1977-1979) e, a partir de 1985, constituíu o estudo Grupo Revisión Deseño, xunto a Xosé Díaz, Lía Santana e Xosé Salgado. Colaborou con diversas editoriais e encargouse da creación de identidades de institucións, eventos singulares ou deseño de produtos e mostras. Realizou debuxos para El Ideal Gallego, Arco da Vella, O Noso Galego, El Ecologista ou Revista Galega do Ensino. Individual ou colectivamente recibiu o Premio da Crítica Galega (1983), o Premio Galicia de Deseño Gráfico (1984) e o Premio Xerais á cooperación editorial (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontedeume