Pérez Lastres, Lino
Pérez Lastres, Lino
Empresario cinematográfico. Introduciuse no mundo do espectáculo da Coruña e foi arrendatario do Teatro Principal (1901), ata que en 1905 se puxo á fronte do Pabellón Coruñés, Pabellón Lino e, finalmente, Cinematógrafo Coruñés. En 1906 construíu un novo salón de espectáculos, o Lino, que se constituíu nunha das primeiras salas cinematográficas estables e nun centro cultural ata 1919, en que un incendio o obrigou a pechar.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : A Coruña