perforadora

perforadora

(< perforador)

  1. s f

    Instrumento que se emprega para facer furados en papel, cartón ou material semellante.

  2. s f [XEOL]

    Máquina ou dispositivo para furar as rochas e despuntar e demoler os terreos, mediante o uso de utensilios rotativos (barrenas e sondas rotativas) ou de percusión (sondas de percusión e martelos pneumáticos).

  3. s f [GRÁF]

    Máquina ou dispositivo que traduce automaticamente só signos gráficos (letras ou cifras) en combinacións de perforacións sobre unha cinta, segundo un código preestablecido, e que pode formar parte dunha máquina de escribir, dun ordenador ou dun teletipo.

Palabras veciñas

perforable | perforación | perforador -ra | perforadora | perforante | perforar | perforista