perforación
(< perforar)
-
s
f
Acción e efecto de perforar.
-
s
f
[PAT]
Abertura ou orificio accidental nun órgano ou nunha parte do corpo, producida por un traumatismo externo ou unha lesión interna.
-
s
f
-
Acción de abrir pozos e galerías ou de facer barrenos para as voaduras.
-
[XEOL]
Acción de abrir pozos petrolíferos. As técnicas que permiten abrir e explotar un pozo petrolífero varían en función do lugar onde se perfore; así distínguese entre perforación terrestre se se realiza en terra, e perforación mariña se se realiza no mar. Polo que respecta á terrestre, cómpre sinalar diversos métodos: a que se realiza con sonda de percusión, que se utiliza en pozos de pouca profundidade e que consiste en desagregar a rocha deixándolle caer enriba, con ritmo repetitivo, un cicel bastante pesado; posteriormente, os restos recóllense cunha especie de culler. A perforación con sonda rotativa emprégase en pozos profundos e baséase no movemento de rotación dun perforador que se transmite polo talo de perforación; os restos extráense polo seu interior, arrastrados pola lama inxectada no pozo a través de bombas situadas na superficie. A perforación con aire é unha modificación do anterior sistema, xa que consiste en usar aire en lugar de lama. Na mariña, pódense diferenciar entre plataformas de perforación e vasos de perforación. Nas plataformas de perforación distínguense catro tipos principais: as plataformas fixas de perforación e almacenaxe que se utilizan en traballos de pouca profundidade; as plataformas somerxidas empregadas en perforacións que non superen os 100 m de profundidade; as plataformas condeep que se usa ata 100 m de profundidade; e as plataformas semisomerxidas que se empregan ata os 300 m de profundidade. Polo que respecta aos vasos de perforación, a súa utilización viuse incrementada a medida que se melloraron os dispositivos de estabilización dinámica da posición. Estes dispositivos empréganse tamén nalgunhas plataformas semisomerxidas, en ambos os dous casos, o sistema permite facer perforacións a profundidades superiores a 1.000 m.
-
-
s
f
[IMAX]
-
Cada un dos furados aliñados paralelamente nos bordos dunha película, practicados co fin de facela progresar mediante o mecanismo de avance da cámara fotográfica ou cinematográfica, ou do proxector.
-
Conxunto de perforacións dunha película.
-
-
s
f
[GRÁF]
Operación de producir, nunha tarxeta ou nunha cinta estandarizadas, furados en lugares determinados, correspondentes aos datos de entrada ou aos resultados de saída dun ordenador.