Pergamiño Vindel

Pergamiño Vindel
[LIT]

Folla voante que contén as sete cantigas de amigo de Martin Codax. Identificado na tradición manuscrita galego-portuguesa coas siglas R, PV ou N, foi escrito a finais do s XIII ou comezos do s XIV e conserva a notación musical de seis das cantigas. Presenta particularidades paleográficas próximas ás do Cancioneiro da Ajuda e ao das Cantigas de Santa María, e na súa elaboración participaron polo menos tres persoas. O pergameo, utilizado para encadernar un códice do s XIV, foi descuberto polo libreiro Pedro Vindel (1914) en Madrid e a primeira noticia da súa existencia publicouse na revista Arte español. Posteriormente foi adquirido polo musicólogo Rafael Mitjana, ata que pasou ao bibliófilo Otto Hass e, finalmente, vendeuse en 1977 á Pierpont Morgan Library, de Nova York. Del fixéronse diversas edicións facsímiles en 1915, 1982 e 1986.

Palabras veciñas

pergamiñeiro -ra | pergamiño | Pergamiño Sharrer | Pergamiño Vindel | Pérgamo | Pérgamo, escola de | pérgola