peridotita
peridotita
(
s
f
[XEOL]
Rocha ígnea básica, de cor escura. O seu contido en sílice oscila arredor do 40%; contén moi pouco ou ningún cuarzo e non posúe feldespatos. Os minerais predominantes son a olivina e os piroxenos. As peridotitas teñen importancia económica porque moi a miúdo conteñen especies minerais particulares, como por exemplo o cromo, o níquel e o platino nativo.