pernada
pernada
(< perna)
-
s
f
Movemento brusco ou golpe dado coa perna.
-
s
f
[PESCA]
Aparello que se utiliza para a pesca de ollomol.
-
s
f pl
[MAR]
Cabos pequenos do aparello da tarrafa.
-
dereito de pernada
Uso e costume que en determinados lugares e momentos da Idade Media se practicou como un privilexio que outorgaba ao señor o dereito sobre a virxindade das súas servas, posibilitando que fose el quen pasase a noite de vodas con elas. Inicialmente considerouse como un xesto de vasalaxe de toda a familia da noiva cara ao señor, pero co paso do tempo, e especialmente durante a Baixa Idade Media, foi perdendo lexitimidade a nivel social e pasou a considerarse como un agravio. Foi unha das causas das revoltas antiseñoriais do s XV. En Galicia permaneceu vixente, polo menos, ata 1458.