peronosporal

peronosporal

(< lat científicoPeronospora, xénero de fungos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos peronosporais.

  2. s m [FUNGO]

    Fungo da orde dos peronosporais.

  3. s m pl [FUNGO]

    Orde de oomicetos constituída por fungos xeralmente parasitos de plantas, de reprodución sexual oógama, con anteridios que forman tubos copuladores cara aos oogonios, e de reprodución asexual mediante zoósporas ou conidios.

Palabras veciñas

Peroni, Carlo | peronismo | peronista | peronosporal | peroración | perorar | Perosi, Lorenzo