Perpignan

Perpignan

Capital do departamento de Pireneos Orientais, Francia (105.115 h [1999]. As actividades agrícolas, especialmente o cultivo de hortalizas, árbores froiteiras e vides, potenciaron as industrias alimentarias. O comercio do viño foi unha fonte económica importante ata finais do s XIX, pero as transformacións administrativas e fiscais reduciron moito este negocio. De orixe romana (s X), foi capital do condado de Rosellón, pertenceu á Coroa de Aragón no s XII e foi capital do Reino de Mallorca (1276-1344). As tropas franco-catalás ocupárona en 1642, pero o Tratado dos Pireneos (1659) entregouna definitivamente a Francia. Despois da Guerra Civil Española (1936-1939) acolleu exiliados republicanos. Do seu patrimonio cultural destacan a porta e as torres do castelo, a catedral de Saint Jean (ss XIV-XVI) e a igrexa de Sainte Marie.