Perpignan, Concilio de
Perpignan, Concilio de
Asemblea conciliar convocada polo Papa Benedito XIII no castelo real de Perpignan en 1408, grazas á axuda de Martiño I de Aragón, ante a ameaza do rei francés de manterse neutral se non se decidía rapidamente que papa, o de Aviñón ou o de Roma, era o auténtico. Asistiron representantes de Castela, Aragón, Lorena e Provenza, e un mes despois proclamouse a lexitimidade de Benedito XIII. O desconcerto que provocou esta decisión fixo que en 1409 se reunise un sínodo en Pisa que elixiu como novo papa a Alexandre V.