Perret, Jacques
Perret, Jacques
Escritor francés. Co estalido da Segunda Guerra Mundial alistouse no exército francés ata que as tropas alemás o detiveron en 1940. Posteriormente, conseguiu fugarse e unirse á Resistencia. Autor de Caporal Epinglé (1947), en que narra con humor e sarcasmo algúns aspectos da súa catividade, escribiu Vent dans les voiles (1948), Bande à part (1951, Prix Interallié), en que conta as súas experiencias na Resistencia; Rôle de plaisance (1957), o libro de viaxes Grands chevaux et dadas (1975) e Le jardin des plantes (1984).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Trappes -
Deceso
Lugar : París