Pérsico, Golfo

Pérsico, Golfo

Golfo do Océano Índico, que se estende entre Irán e a Península Arábiga, que se une, polo SL, ao golfo de Omán a través do estreito de Ormuz. Nel desemboca o río Shatt al-Arab, formado pola confluencia do Tigris e o Éufrates. Hai pesqueiras de perlas nas súas costas. Viu aumentar a súa importancia grazas ao descubrimento e á explotación de xacementos petrolíferos.