pertenza

pertenza

(< lat tardío pertinentĭa)

  1. s f

    Dereito que se ten á propiedade privada.

  2. s f

    Feito de pertencer a alguén ou a algunha cousa.

  3. s f

    Cousa que alguén posúe ou que lle pertence.

    Ex: Roubáronlle a maleta coas súas pertenzas.

    Confrontacións: ben, posesión.
  4. s f [DER]

    Cousa accesoria que pertence xurídica ou moralmente a un dominio. Trátase dunha relación xurídica, e é necesario que en todas as vicisitudes do dominio principal se especifique se queda afectada cada unha das pertenzas.

  5. s f [DER]

    Termo ou espazo que corresponde a alguén por xurisdición ou propiedade.

  6. s f [DER/ADM]

    Unidade de superficie, reducida actualmente a unha hectárea, que servía de base para as concesións mineiras.

  7. relación de pertenza [MAT]

    Relación que determina os elementos que pertencen a un conxunto.

Palabras veciñas

Pertela, A | pertencente | pertencer | pertenza | Perth | Perth | Perth and Kinross