pesada
pesada
(< pesar)
-
s
f
Acción e efecto de pesar ou pesarse.
-
s
f
O que se pesa dunha vez nunha balanza.
-
s
f
[TECNOL]
Efecto producido nunha peza de gran masa sometida a unha rotación lenta cando o seu centro de gravidade (cdg) está situado sobre un eixe paralelo ao de rotación. Maniféstase por unhas aceleracións e deceleracións rítmicas do movemento da peza. Para anulala é preciso dispoñer convenientemente uns contrapesos (equilibramento estático).