pesadeza
pesadeza
(< pesado)
-
s
f
[FÍS/ASTRON]
Atracción dun corpo pola masa dun astro a causa da gravitación. No caso da Terra, a pesadeza dun corpo é o resultado da combinación da forza da gravidade e da forza centrífuga. A pesadeza na superficie dun astro depende da masa e do raio. A bordo dunha astronave ou doutro enxeño espacial é nula; o astronauta, en estado de ausencia de pesadeza, parece que flota no aire. A pesadeza artificial pode ser considerablemente inferior á da Terra.
-
intensidade da pesadeza
[FÍS]
Peso dun corpo por unidade de masa, igual á aceleración do seu movemento de caída libre.