Pesaro
Pesaro
Capital da provincia de Pesaro e Urbino, na rexión de Marcas, Italia (90.311 h [2001]). A súa economía baséase na manufactura de cerámica maiólica e na industria téxtil e alimentaria. A antiga Pisaurum converteuse en colonia romana en 184 a C. Foi posesión bizantina e pasou a dominio pontificio. Desde 1285 o territorio estivo dominado, entre outros, polos Malatesta, os Sforza (desde 1445), os duques de Urbino (desde 1512), e, entre 1631 e 1860, formou novamente parte dos Estados Pontificios. Do seu patrimonio cultural destaca o palacio ducal (ss XV-XVI), o castelo (s XV) e a Villa Imperiale (s XV).