pesimismo

pesimismo

(< pésimo)

  1. s m

    Propensión a ver e a xulgar as cousas no aspecto máis desfavorable.

  2. s m [FILOS]

    Doutrina ou convicción filosófica segundo a que o mundo non é susceptible de perfeccionamento substancial de ningún tipo e a existencia humana carece de sentido fundamental. O pesimismo propiamente dito está presente, en maior ou menor grao, na base do nihilismo e en actitudes como a do escepticismo. Adóitase empregar o termo en referencia á corrente filosófica que conseguiu un particular auxe no s XIX con manifestacións cosmovisionais, como a de A. Schopenhauer, ou poéticas, presentes en G. Leopardi e Lord Byron.

Refráns

  • Carta cabal, ou por ben ou por mal, nunca se viu tal.
  • Non hai amigo nin irmán, se non hai diñeiro na mano
  • Non hai amigo para amigo nin fillo para pai nin pai para fillo.
  • Para que a alegría sexa maior, pensa primeiro o peor.

Palabras veciñas

peselo | peseta | Peshāwar | pesimismo | pesimista | pésimo -ma | Pesne, Antoine