Pesqueira, Xoaquín
Pesqueira, Xoaquín
Xornalista. Emigrou a Arxentina, onde colaborou no xornal bonaerense La Nación e dirixiu a revista literaria Suevia. Tamén colaborou en Cultura Gallega, Eco de Galicia, Finisterre, Sonata Gallega e La Voz de Galicia, en que asinaba co pseudónimo de Pardo de Cela. É autor de diversos artigos en que analiza as figuras de Francisco Añón, Castelao, Cristovo Colón ou Valle-Inclán e escribiu os libros Y vivió su vida (1913) e Historia de la Asociación Española de Socorros Mutuos de Buenos Aires (1919). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso