Pesqueiras, Santa María de
Pesqueiras, Santa María de
Igrexa parroquial situada en Chantada. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas do que só se ten noticias da súa anexión a San Paio de Antealtares (s XV). De estilo románico, segundo diversas inscricións foi remodelada en 1121. Ten planta rectangular con ábsida semicircular, con tramo recto e bóveda de canón e arco faixón. A nave cóbrese con madeira. No interior destacan as pinturas murais da cabeceira (s XVI) con imaxes da Anunciación, a Resurrección e o Xuízo Final. Foi declarada BIC en 1950.