peste
(< lat peste)
-
-
s
f
Enfermidade grave, epidémica e contaxiosa que causa unha gran mortaldade.
-
s
f
[PAT]
Enfermidade epidémica causada polo bacilo aerobio Gram-negativo, Yersinia pestis, descuberto simultaneamente por Kitasato e Yersin en 1894, que se transmite directamente de home a home ou mediante animais, ratas, pulgas e chinches, entre outros. Presenta tres formas típicas: a peste septicémica, que se desenvolve a partir da forma bubónica non tratada; a peste pulmonar, unha afección pulmonar causada polo bacilo; e a peste bubónica, máis frecuente, con dolorosas tumefaccións ganglionares. A peste bubónica transmítese pola picadura de pulga infectada de rata. A sintomatoloxía consiste en dor de cabeza, inflamación dos ganglios, taquicardia, mialxias xeneralizadas e febre alta. Os microorganismos penetran pola picadura e invaden os condutos linfáticos, ata chegar aos ganglios, que se inflaman e mesmo poden chegar a supurar e drenar, e onde se pode formar unha pústula ou unha úlcera; despois distribúense por todos os órganos a traves do torrente sanguíneo (septicemia). A peste pulmonar alberga o bacilo nos pulmóns, feito que provoca febre, tose e dificultades respiratorias, e ao tusir emítense os bacilos que poden ser inhalados por outros individuos; o tempo de incubación é xeralmente moi curto e, en poucas horas, se non hai tratamento apropiado, pode sobrevir a morte. As epidemias de peste causaron estragos e lémbranse particularmente pola súa extensión e violencia a peste antonina (segunda metade do s II), a peste de Xustiniano (a mediados do s VI) e, sobre todo, a peste negra do s XIV. A mediados do s XVII a enfermidade propagouse outra vez por case toda Europa e provocou un gran número de vítimas. Aínda existen focos en países como Bolivia, Brasil, Canadá, Ecuador, EE UU, India, México, Moçambique, Perú e Zaire. Algunhas nacións presentan peste case cada ano, e noutros aparece como epidemia esporádica. A taxa de mortalidade por peste é do 50-60%, pero diminúe notablemente ao 5% con tratamento, que consiste no uso de antibióticos combinados con osíxeno, soporte respiratorio e líquidos intravenosos.
-
peste negra [ingl: Black Death]
Andazo de peste que asolou Asia e Europa desde mediados do s XIV ata principios do XV. A denominación debeuse á frecuencia das petequias, que se caracterizaban pola cor escura do sangue no pescozo, tórax e membros, e o deselance sempre tráxico da mesma, polo que tamén se chamou morte negra. Orixinouse no Extremo Oriente, chegou a Constantinopla en 1347 e de aquí estendeuse rapidamente polos países latinos. Asegúrase que en 1350 todo o mundo coñecido na época estaba infectado, con cifras de mortaldade que nalgúns lugares superaba os dous terzos dos habitantes.
-
s
f
-
-
s
f
Doenza contaxiosa que ataca masivamente animais e plantas.
-
peste porcina africana
Enfermidade vírica do porco, caracterizada por vómitos e hemorraxias, inflamación e necrose dos pulmóns e dos ganglios linfáticos do abdome, e complicacións diversas do sistema nervioso central. É endémica na Península Ibérica, moi contaxiosa e de declaración obrigatoria; esixe, ademais, un control sanitario estrito e illamento dos animais afectados, ademais do seu sacrificio.
-
s
f
-
s
f
Mal olor ou cousa que o produce.
Sinónimos: alcatreo, fedor. -
s
f
-
Abundancia excesiva de algo molesto ou malo.
-
Persoa ou cousa que resulta pesada e moi molesta.
-
Frases feitas
-
Ruín coma a peste. Ser moi malo ou ruín.