Petau, Denys
Petau, Denys
Teólogo francés. Coñecido como Petavius, foi cóengo de Bourges (1603) e entrou na Compañía de Xesús (1605). Profesor de teoloxía positiva no colexio de Clarmont (1621-1644) e fundador da cronoloxía científica con Opus de doctrina temporum (1627), a súa Theologia dogmatica, en cinco volumes (1644-1650), foi a base da primeira historia dos dogmas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Orléans -
Deceso
Lugar : París