petición

petición

(< lat petitĭōne)

  1. s f
    1. Acción de pedir.

      Sinónimos: demanda, demanda.
    2. Cousa que se pide.

      Ex: Atenderon todas as súas peticións.

  2. [DER]
    1. s f

      Solicitude ou instancia dirixida a un xuíz, tribunal ou autoridade que ten o poder de conceder aquilo que se pide.

    2. s f

      Cada unha das demandas contidas nunha solicitude.

    3. dereito de petición

      Liberdade pública, que consiste na facultade que ten cada persoa natural ou xurídica de dirixirse ás autoridades demandando a reparación dun dano ou prexuízo, a modificación ou o cumprimento dunha disposición legal e todo o que sexa de interese público ou privado. Teñen o dereito a empregalo todos os maiores de idade e as persoas xurídicas.

  3. petición de principio [FILOS/MAT]

    Falacia do razoamento que consiste en tomar como premisas unha ou máis proposicións idénticas ou equivalentes á conclusión, ou ben que a requiren para ser demostradas.

Frases feitas

  • A petición de loc prep Con motivo dunha solicitude feita por alguén. SIN: a instancia de, a pedimento de.