Petipa, Marius

Petipa, Marius

Bailarín e coreógrafo francés. Debutou en Bruxelas (1834) e foi mestre de baile en Peterburgo (desde 1859). Considerado como un dos coreógrafos máis destacados do seu tempo, as súas creacións de ballets de Chaikovski para O lago dos cisnes, O crebanoces e A bela durminte aínda están en voga. Viaxou por diversos países do mundo, como Rusia, EE UU e España, onde permaneceu catro anos na disciplina do Teatro Real de Madrid. A súa filla Marie Petipa (Peterburgo 1857-París 1930) e o seu irmán Lucien Petipa (Marsella 1815-Versailles 1898) tamén foron bailaríns de recoñecido prestixio.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Marsella

  • Deceso

    Lugar : Peterburgo