Petrer

Petrer

Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (30.138 h [2001]). Os cultivos de secaño son os maioritarios, xunto coas vides, as oliveiras e as hortalizas. A estrutura industrial, ademais da industria artesanal, céntrase nas fábricas de bolsos de coiro, madeira, mobles e plásticos.