Pevsner, Naum Neemia
Pevsner, Naum Neemia
Escultor ruso, irmán de Anton Pevsner. Coñecido como Naum Gabo, experimentou o cubismo e en 1914 promoveu o construtivismo. En Moscova frecuentou o círculo de Tatlin. Estableceuse en Berlín con motivo da exposición de arte rusa na galería Van Diemen en 1922. Entre 1932 e 1936 residiu en París, onde participou no movemento Abstraction-Création. Tamén viviu en Reino Unido e en EEUU. Traballou a súa arte, consecuente co seu Manifesto Realista (1920), con pulcritude e cunha renovación constante de materiais.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Briansk -
Deceso
Lugar : Middlebury, Connecticut