pH-metro

pH-metro
s m [FÍS]

Potenciómetro dotado de eléctrodos adecuados e convenientemente dispostos para medir o pH dunha disolución. Hai dous tipos: os potenciométricos e os de lectura directa. Os primeiros consisten esencialmente nun potenciómetro con amplificación electrónica da corrente non compensada. Neste tipo cada lectura require unha compensación manual, que se obtén contrapoñendo unha forza electromotriz variable, que dá o valor do pH medido. Os de lectura directa dispoñen dun circuíto adecuado para obter unha desviación da agulla do galvanómetro proporcional ao pH ou unha expresión dixital do seu valor.