Phillipe, Gérard
Phillipe, Gérard
Actor francés. Formado na Escola de Arte Dramática de París, en 1945 protagonizou Caligule de A. Camus. No Théâtre National Populaire interpretou Le Cid (1951) e Lorenzaccio de A. Musset, entre outras obras. No cine destacan os seus papeis en L’idiot (1947), Fanfan la Tulipe (1952), Les orgueilleux (1953) e Montparnasse 19 (1958).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cannes -
Deceso
Lugar : París