Piano, Renzo
Piano, Renzo
Arquitecto italiano. Traballou con F. Albini e L. I. Kahn, e especializouse en arquitectura industrial, unha disciplina que aplicou ao edificio do Centre Georges Pompidou de París, que proxectou xunto con Richard Rogers. Evolucionou cara a unha maior preocupación polo respecto do contorno e o aforro de enerxía á hora de deseñar os edificios, como no caso do Museo da Ciencia e a Tecnoloxía de Amsterdam (1997) e o centro Jean-Marie Tjibaou en Nouméa (Nova Caledonia, 1998). Posteriormente, colaborou no proxecto de remodelación do centro de Berlín (Postdamer Platz). En 1998 recibiu o Premio Pritzker.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xénova