Piatigorsky, Gregor

Piatigorsky, Gregor

Violoncellista. Despois dunha etapa no Cuarteto Lenin, integrouse como violoncellista principal na orquestra do Bol’šoj. Formouse en Leipzig con Julius Klengel e entre 1924 e 1928 formou parte da Filharmónica de Berlín. Tras o seu debut coa Filharmónica de Nova York, iniciou unha xira por todo o mundo e colaborou con intérpretes tan coñecidos como Heifetz, Horowitz, Milstein e Rubinstein. Especializado no repertorio romántico, estreou concertos de Castelnuovo-Tedesco (1935), Hindemith (1941) e Walton (1957), realizou a primeira interpretación do concerto de Prokof’ev (1940) en EE UU e executou o Don Quijote de R. Strauss.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ekaterinoslav, actual Dnipropetrovs’k, Ucraína

  • Deceso

    Lugar : Los Angeles