Piauí
Piauí
Estado do NL de Brasil (252.379 km2; 2.843.278 h [2000]). A súa capital é Teresina. Ocupa a parte L da conca do Paranaíba. Na súa economía, baseada nos cultivos de algodón e, onde hai regadío, de arroz e cana de azucre, destaca a gandaría ovina e caprina de carácter extensivo.